PALCO é o punto de encontro anual da industria musical levado a cabo en Galicia. Un espazo creado para dar visibilidade ao talento, conectar profesionais e impulsar novas oportunidades para a música feita en Galicia.
DESCUBRE PALCO
Dar foco ao talento, aos proxectos e ao ecosistema musical galego
Favorecer relacións entre artistas, empresas, programación e institucións
Xerar contextos útiles para a colaboración e o desenvolvemento do sector
Impulsar a presenza da música galega en novos espazos e redes
Reforzar Galicia como territorio de creación e industria musical
Presentación en directo de artistas e proxectos musicais.
Contidos orientados ao intercambio de coñecemento, ferramentas e experiencias.
Espazos para abordar retos, oportunidades e liñas de reflexión compartida.
Xuntanzas breves e eficaces entre profesionais e axentes.
Contextos informais para ampliar contactos e activar novas relacións.
Presentacións breves de proxectos e servizos.